Sarabela Teatro adapta Arraianos, o clásico de Méndez Ferrín, no Centro Cultural de Muros

21 Xaneiro 2023

Continúa a programación teatral no Auditorio do Centro Cultural de Muros coa chegada do melloriño da escena galega. Este sábado 21 de xaneiro, ás 21:00 h, toca a chegada de Sarabela Teatro, unha das compañías teatrais máis consolidadas de Galicia (36 anos polos teatros), co seu espectáculo “Contos Arraianos”.

Un espectáculo do Autor Xosé Luís Méndez Ferrín, Dirección de Ánxeles Cuña Bóveda e no Elenco, Fernando Dacosta, Fina Calleja, Elena Seijo, Sabela Gago, Fran Lareu, Fernando González e Vadim Yukhnevich.

Falamos dunha das obras fundamentais da literatura galega, que reolle suma de relatos que estremecen e fan reflexionar, ou, se acaso, fan deambular por mundos nos que transitan o erotismo, o misterio, a miseria e a grandeza da alma e da vida. A obra céntrase en dous contos, Medias Azuis e Lobosandaus.

Esta función está incluída na Rede Galega de Teatros e Auditorios da AGADIC e as entradas, ao prezo de 3,50 €, xa poden ser reservadas nas oficinas do centro cultural, no teléfono 981762294, no correo cultura@muros.es ou no formulario creado para este fin.

Outros artigos

O teatro abre o mes de Nadal en Muros

Doble cita teatral esta fin de semana en Muros. Pero a cita infantil do domingo xa está chea, pois as entradas xa se esgotaron para ver aos Bolechas. Para o sábado aínda quedan añgunhas entradas que serán vendidas na billeteira media hora antes. A nova cita da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O falar das pedras”. Luís Celeiro

“O falar das pedras”. Luís Celeiro

O falar das pedras é moito falar. Din o que saben, o que pasaron e o que será. As pedras gardan as mensaxes do tempo, as raias dos anos, dos miles e millóns de anos e cóntannolo aos que as escoitamos, aos que as miran e as queren. Millóns de anos escribindo e deixando...