Ribeira reforzará a iluminación en catro pasos de peóns nas Avenidas Rodríguez Bautista, Ferrol e Parque Pedra Pateira

03 Xaneiro 2023

O Concello informa de que adxudicou unha actuación dirixida a reforzar a iluminación en catro pasos de peóns da cidade. Concretamente, dous están situados na avenida Miguel Rodríguez Bautista (nos números 4 e 10, que se corresponden co tramo do parque do Centenario), outro na avenida de Ferrol (número 11) e un cuarto na estrada do Touro á altura do parque de Pedra Pateira.
Con tal motivo vanse instalar en cada paso dous luminarias que iluminen o plano vertical do viandante e faciliten a súa visibilidade, incidindo así na mellora da seguridade viaria. Entraña as correspondentes canalizacións de cableado ata as liñas de alumeado público.
A adxudicación da actuación recaeu na empresa SETGA e comporta un investimento de 29.711 euros, IVE incluído. Os traballos teñen unha duración de 15 días.
Avenida da Coruña
Tamén está previsto que este mesmo mes se efectúen as obras destinadas a implantar solucións innovadoras en catro pasos da avenida da Coruña (números 149, 92, 82 e 6) logo da consulta ao
mercado realizada no marco da Estratexia de Desenvolvemento Urbano Máis Ribeira Atlántica, con cofinanciamento europeo. Tales solucións pasa pola instalación de sinalización Led vertical e horizontal, detectores de peóns e radarfes pedagóxicos indicativos da velocidade á que circulan os vehículos.

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.