O proxecto para a renovación de auga para consumo e a instalación de pluviais en Ameixida recibe seis ofertas

10 Xaneiro 2023

O Concello de Ribeira informou de que o proxecto para renovar a liña de auga para consumo e a instalación de pluviais en Ameixida (Castiñeiras) recibiu finalmente un total de seis ofertas. A mesa de contratación procedeu na mañá deste 10 de xaneiro á apertura dos sobres C, correspondentes ás propostas económicas. O orzamento base desta actuación ascende a 107.627 euros, IVE incluído. A obra está enmarcada no Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal (POS+ 2022) e, segundo informou o Concello, viña sendo “moi esperada pola veciñanza para poñer solución aos problemas de abastecemento rexistrados nos últimos tempos en Castiñeiras”.

Para alcanzar este obxectivo vanse substituír as tubaxes existentes por outras tres: unha de PVC de alta densidade e 160 mm. de diámetro na marxe dereita; outra de polietileno de alta densidade de 0,75 mm. de diámetro, na marxe esquerda; e unha última de PVC 0 125 mm de diámetro, nun cruce, para o cal será necesario a instalación de maquinaria para perforación horizontal dirixida.

No relativo á rede de pluviais, dispoñerase pola beirarrúa da marxe dereita da estrada un colector de PVC corrugado SN-8 de 315 mm e construiranse arquetas sumidoiro e pozos de rexistro de formigón prefabricado.

Os pavimentos de ambas as marxes da estrada serán renovados, cunha subbase de saburra e unha capa de acabado de mestura bituminosa en quente. As beirarrúas repoñeranse co mesmo pavimento (baldosa hidráulica).

O prazo de execución son tres meses.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.