O paseo de Coroso contará con aseos públicos todo o ano, accesíbeis e máis acordes co entorno

04 Xaneiro 2023

O Concello de Ribeira puxo o foco na mellora e posta a punto do seu mobiliario urbano, facendo fincapé en embelecelo. Este obxectivo estase a materializar coa adquisición de elementos máis integrados e sustentábeis e “cunha meirande resistencia ás condicións climatolóxicas adversas pola nosa localización xeográfica”, explican fontes do Consistorio, que estende esta liña de traballo aos baños das praias, que até o de agora víñanse contratando todos os anos “mediante o correspondente expediente de contratación e por un período concreto do ano”. Búscase, amais de facelos máis resistentes e estéticos, máis accesíbeis.

Con tal motivo, vense de contratar a colocación no paseo de Coroso dun módulo prefabricado co que “se pretende satisfacer esta necesidade de dispoñer de aseos públicos durante todo o ano e á vez dar cumprimento ás condicións básicas de accesibilidade para o acceso e utilización dos WC nas praias para persoas con mobilidade reducida”, sinala o Concello.

A actuación será acometida por Montajes y Estructuras Patiño, S.L.U, e supón un investimento de 39.930 euros, IVE incluído.

O cerramento exterior do módulo estará formado por unha fachada composta de dúas follas, unha exterior e outra interior. Como equipamentos, disporá de 7 unidades de inodoros cerámicos de cor branca (un dos cales será adaptado e deberá ir equipado cunha barra de suxeición con forma de U), tres lavabos, tres espellos e un cambiador de cueiros, entre outros elementos,.

Así mesmo, o módulo disporá de rampla de acceso adaptada.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.