O Liceo Marítimo de Ribeira celebra este 6 de xaneiro un baile de maiores e o día 22 a súa asemblea xeral

04 Xaneiro 2023

A dirección do Liceo Marítimo de Ribeira convocou unha asemblea xeral para o día 22 de xaneiro de 2023 nos locais da Sociedade, ás 12.00 do mediodía para tratar os asuntos seguintes:

1 Eleccións a presidente.

2 Lectura da acta da asemblea anterior e a súa aprobación, se procede.

3 Memoria de xestión durante o ano e informe económico.

4 Informes do presidente e da xunta directiva.

5 Rogos e preguntas

Ao remate haberá uns petiscos e servirase un viño do país. A xuntanza, ademais, teremos uns petiscos e viño do país.

Baile de maiores

Amais do devandito, a xunta directiva do Liceo Marítimo de Ribeira achegou un convite para o baile de maiores que está programado para este 6 de xaneiro, que estará amenizado polo grupo Nostalxia, a partir das 20.30 horas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O falar das pedras”. Luís Celeiro

“O falar das pedras”. Luís Celeiro

O falar das pedras é moito falar. Din o que saben, o que pasaron e o que será. As pedras gardan as mensaxes do tempo, as raias dos anos, dos miles e millóns de anos e cóntannolo aos que as escoitamos, aos que as miran e as queren. Millóns de anos escribindo e deixando...