O Concello de Rianxo e o Grupo NOSA achegan unha piragua de alta gama ao padexeiro local Mauro Dominguez Figueira

05 Xaneiro 2023

O Concello de Rianxo e o Grupo NOSA anunciaron a adquisición unha piragua K1 de alta gama para o padexeiro local Mauro Domínguez Figueira. O obxectivo é que “poida mellorar o seu rendemento deportivo” e “axudalo nos seus desafíos para a presente tempada, a de 2023”, sinalaron as dúas entidades.

Mauro, que milita no Club Piragüismo Verducido – Pontillón, está desde outubro coa concentración permanente da selección española Sub-23 en Sevilla. En 2022, segundo lembraron Concello de Grupo Nosa, obtivo “uns excelentes resultados deportivos que o converten nunha das grandes promesas do piragüismo nacional”.

Os mais destacados destes logros, entre outros, foron os seguintes:

• 1º Campionato de Europa K4 500m Junior (distancia olímpica)

• 4º Campionato del Mundo K4 500m Junior (distancia olímpica)

• 6º Campionato del Mundo K2 500m Junior (distancia olímpica)

• 3º Copa de España K1 500m Junior

No acto de presentación da piragua de alta gama, celebrado no salón de plenos do Concello de Rianxo, participaron Mari Carmen Ordóñez, do Grupo NOSA, Adolfo Muíños, alcalde de Rianxo, e Xusto Ordóñez Figueira, concelleiro de Deportes. Amais da dita información, lembraron que a empresa e o Concello de Rianxo xa veñen colaborando de xeito habitual no apoio ao deporte rianxeiro e aos seus deportistas.

Mauro, pola súa banda, agradeceu a colaboración do Grupo NOSA e do Concello e explicou que o seu obxectivo principal para esta tempada é “obter a clasificación para o Campionato de Europa nas modalidades K-1, K-2, e K-4”.

Adolfo Muíños e Xusto Ordóñez desexáronlle sorte a Mauro Domínguez para esta tempada, na

que levará o nome de Rianxo por toda España, ao tempo que o rexedor destacou a boa sintonía co Grupo NOSA neste tipo de colaboracións.

Mari Carme Figueira tamén lle desexou sorte a Mauro, facendo referencia á súa capacidade de traballo e esforzo, que “seguro o levará aínda a mais altas cotas no deporte e no seu desenvolvemento persoal.

Outros artigos

Abertas as inscricións para a nova Andaina San Silvestre Rianxo

BeOne Rianxo Piscina Municipal de Rianxo organiza unha nova edición da Andaina San Silvestre Rianxo. Será o 31 de decembro a partir das 10.00 horas. A distancia a percorrer será de 12 quilómetros. As inscricións están abertas e teñen un custe de 10 euros máis a achega...

+

Este sábado celébrase en Araño a segunda edición da Muiñada do Te

Este sábado 2 de decembro imos ter unha actividade cultural, medioambiental e family-friendly na parroquia de Araño, en Rianxo. Estamos a falar da segunda edición da Muiñada no Te, organizada pola Asociación Veciños Araño en colaboración co Concello de Rianxo e a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O falar das pedras”. Luís Celeiro

“O falar das pedras”. Luís Celeiro

O falar das pedras é moito falar. Din o que saben, o que pasaron e o que será. As pedras gardan as mensaxes do tempo, as raias dos anos, dos miles e millóns de anos e cóntannolo aos que as escoitamos, aos que as miran e as queren. Millóns de anos escribindo e deixando...