O cometa C/2022 E3 (ZTF) atoparase o 1 de febreiro a uns 42 millóns de quilómetros da Terra. Para velo mellor, primeras horas de la noche y prismáticos

30 Xaneiro 2023

C/2022 E3 (ZTF) é un cometa de longo período descuberto pola Zwicky Transient Facility do Observatorio Palomar en Estados Unidos o 2 de marzo de 2022. O cometa pasou polo perihelio o día 12 de xaneiro, e fará o mesmo polo punto máis próximo ao noso planeta o 1 de febreiro, no que se atopará a uns 42 millóns de quilómetros da Terra. As previsións son que alcance unha magnitude de entre 4 e 5. “O mellor momento para observalo será a principios de febreiro no comezo da noite, posto que se atopará na constelación da Xirafa (Camelopardalis), que a esas horas estará na súa culminación”, explica o director do Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC, José Ángel Docobo. O cometa acaba de pasar entre a estrela Polar e o carro da Osa Maior. 

Imaxe do cometa tomada o 22 de xaneiro de 2023 por Francisco Javier Cerdán Núñez

Características

A órbita actual de C/2022 E3 (ZTF) ten unha excentricidade maior que 1 (e = 1.00027078), polo que xa non é periódico, e a inclinación con respecto á eclíptica é de 109.2°. O anterior paso polo Sistema Solar interior puido ser hai 50.000 anos, alén de estimarse un diámetro do núcleo de 1 quilómetro. Outros dos seus trazos distintivos é que as colas teñen unha cor verdosa debido á presenza de moléculas de carbono diatómico (C2). “Recoméndase a súa observación dende lugares suficientemente escuros e, de entrada, utilizando prismáticos”, continúa a relatar o profesor Docobo.

A nomenclatura do cometa significa que foi descuberto en 2022, sendo o terceiro na primeira quincena de marzo (letra E xa que a A correspóndese coa primeira quincena de xaneiro). Finalmente ZTF son as iniciais do grupo de traballo que o descubriu: Zwicky Transient Facility.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...