Máis de 900 persoas inscritas na Recepción e Festival de Reis do Concello de Lousame

05 Xaneiro 2023

Máis de trescentas persoas acudiron na mañá deste 5 de xaneiro á recepción de Reis organizada polo Concello de Lousame. Entre as 10:30 e as 13:00 horas, cativada e persoas adultas pasaron pola Casa da Cultura para falar un anaco con Melchor, Gaspar e Baltasar.

Ademais de contarlles os seus desexos para esta noite, os rapaces puideron deixar as súas cartas no exterior do auditorio, que depositaron nuns cestos ao pé de cada Rei Mago. Mentres papás e mamás non deixaban de tirar fotografías dos pequenos co seu Rei Mago favorito, os pequenos desfrutaban das lambonadas que lles acababan de agasallar.

Para o sábado 7 de xaneiro, de 17:00 a 20:00 horas, o Concello de Lousame ten preparada un

Festival de Reis no polideportivo municipal Pilar Barreiro Senra (A Silva), despois de dous anos sen celebrarse por mor das restricións da pandemia sanitaria. Unha festa infantil con xogos, inchables, obradoiros… e un chocolate con churros para todas as persoas participantes. Un festival para o que xa están pechadas as inscricións e no que están anotadas un total de 600 persoas.

Deste xeito, as actividades de Reis organizadas polo Departamento de Cultura de Lousame reunirán estes días a máis de novecentas persoas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.