“Lara, a fanequeira de Guidoiro”. Antón Luaces

01 Xaneiro 2023

Encargada dende moi nena de axudar ao pai, cuxa dorna varaba a diario na praia de Colomer, Lara -a quen o párroco de Riveira non quixo bautismar con este nome, motivo polo que os pais e padriños optaran por lle poñer o María como dianteiro para que así constara no rexistro da igrexa parroquial- era a responsable de ter disposta cada día a poutada de recambio no lugar no que , ao retorno da “Arousa II”, esta dorna herdada do seu avó paterno que descansaba unhas horas para volver ao mar se o norte ou o nordés o permitían. Era un sin parar: xulias, fodóns, fanecas (sobor de todo fanecas).ollomol, algún linguado, que ían da praia de Colomer á praza do peixe (daquela nun edificio perto do da lonxa, esta a carón do peirao do Filipino).

Andrés, o pai de Lara, vestía sempre pantalón de mahón azul e camisa debaixo dunha zamarra de lá que mercara en Vilagarcía nun día de arribada. A bordo da dorna levaba sempre roupa de augas de cor marela. Nunca quixo calzar botas cando saía pescar. Dicía que as botas eran o principal enimigo do mariñeiro no caso deste  caer ou ter que se tirar ao mar. “As botas son os rizóns que manteñen no fondo do mar aos mariñeiros que caen a el. Mei pai apareceu fondeado a quince brazas de fondo e escasamente 200 metros da illa de Guidoiro Areoso, a menos dunha milla ao leste da illa de Arousa. O outro Guidoiro, o Pedregoso, gardou case que un mes o corpo de mei irmán maior, Isidro, que finou afogado e a dorna enriba das rochas. Tamén  el calzaba botas. Eu sempre calzo zapatillas de pano azul, de cordóns, porque non quero afogar e quedar no fondo do mar polo peso da auga nas botas. Non, a min non me pilla a nordestada con botas nos pés”.

Santos, un patrón que acumulaba experiencias na mesma medida que salseiros, lembraba a Andrés , fillo de Ventura “O Chicharro”, e a súa morte. Tamén afogado, como sei pai e sei irmán, o seu corpo aparecerá aboiando entre as rochas na illa de Rúa, tamén na ría de Arousa. Comentábase daquela que navegaba a vela cando morreu, probablemente, dun ataque ao corazón. “Fóille mal cando retornaba veleando ao seu varadoiro”. O corpo apareceu de contado, localizado por un racú que faenaba na zona. Mariños da comandancia de Vilagarcía e da axudantía de Mariña de Riveira prestaron asistencia na recuperación do corpo do finado Andrés, que non  calzaba botas e tampouco,  tal e como pretendía sempre, quedara “fondeado” na ría.

En calquera caso, dicían os veciños, os tres membros afogados no mar, foran rescatados do mar, algo que no se acadaba sempre nos casos de accidentes coma os citados. A ría de Arousa ten moitos osos   esparexidos de homes do mar, de pescadores que teñen chegado ás costas de Irlanda após moitos días de navegación a vela e remo e que morrían afogados coma quen dí ás portas da casa. É longa a listaxe.

Cando morreu sei pai, Lara tomou a decisión de seguir a tradición familiar. Sabía remar e sabía navegar a vela. Aprendera do sei irmán a pescar e sasbíase que era unha gran coñedora dfas pedras fanequeiras. Non era doado, ben o sabía, que se aceptara de bo grao que unha muller com parftira o traballo de mariñeira. Mais tamén é certo que ningunha das mulleres da súa idade estaban ntan absolutamente orfas de familia me axuda como Lara.

Na súa primeira maré, a moza foi quen de capturar oito luras, catro xulias e media ducia de fanecas, Non era moito, pero a venda destas capturas na praza do peixe proporcionaríañe unhas pesetas coas que mercar pan, patacas, un cuartillo de aceite e gas para o candil da casa.

Ao cabo de dous meses, ninguén se estranaba de que Lara se comparara cos mellorers mariñeiros da contorna. Tiña memorizadas as mellores pedras fanequeiras e o maior número de capturas eran precísamente faneca. Guiábase polas marcas no mar de tal xeito que semellaba coñecer toda a costa arousana como coñecía a súa casa do Pombal.

Pescou centos, milleiros de fanecas que ela mesma vendía na praza do peixe. Morreu na súa cama após a cea de noitevella, disque dunha enchenta de luras fritidas con cebola e patacas cocidas, acompañado todo elo de pan de millo cocido no forno de Tomás,  perto da casa, nunha xa moi usada lata de marmelo.

Na praia de Colomer quedaron as poutadas, a dorna, os remos e as figura de Lara a Fanequeira caminando entre as ondas da Arousa e a seba que se deitaba no bordo. Tardaron tres días en lle dar terra, porque ninguén sabía onde estaba. A veciñanza decatouse da súa falta porque os dous gatos que tiña miañaban  no interior da casa. Posiblemente de fame. Un ano novo perdido coas lembranza posta nos Guidoiros.

Lara a Fanequeira fóise sen dicir adeus. Como sei pai e moitos outros familiares. Ela sí tiña botas, que usaba exclusivamente para ir vender a pesca na praza do peixe.  

Outros artigos

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

Dentro de unos días todos los españoles tendrán la oportunidad de cambiar de Gobierno y que éste sea mucho mejor que el anterior. El Gobierno de Pedro Sánchez ha estado rodeado de múltiples investigaciones tanto a nivel personal como el de un presidente que prometió...

+

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

O próximo día 25, despois da misa dominical, ás 11.30 horas, celebrarase na parroquia de Rairiz de Veiga, do homónimo concello ourensán da Limia, un acto promovido pola Asociación de Funcionarios-as para a Normalización Lingüística encadrado na iniciativa En galego,...

+

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

La pregunta me cayó como un jarro de agua fría. ¿Mamá tú también te vas a morir? El abuelito, para él era dios, era todo, era su mejor juguete, le adoraba, pero un día el abuelo marchó, ya nunca más jugarían juntos. La pérdida era dolorosa, y si perdiese a su mama,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.