Este mércores o temporal deixou máis de 1.500 incidencias rexistradas polo 112 Galicia

19 Xaneiro 2023

Entre as 00 horas do día 16 e as 23:59 horas do día 18, o 112 Galicia rexistrou en total 1543 incidencias. É o balance dunhas xornadas marcadas polos efectos do vento, que provocaron múltiples caídas de árbores durante os primeiros momentos do temporal, a chuvia e a neve, que se deixou sentir, sobre todo, nas provincias de Lugo e Ourense e que ocasionou diversas incidencias nas estradas galegas. 

En canto ás tipoloxías máis repetidas, destacan as relacionadas coa caída de árbores e polas nas estradas (633), de postes ou cables (166), coa neve (156) cos anegamentos (101), desprendemento de terra e pedras (51) ou cos derrubamentos (36). 

A provincia da Coruña foi a máis castigada, con 640 casos totais, seguida da de Pontevedra (392), Lugo (369) e Ourense (138). 

Entre as incidencias máis destacadas compiladas polo 112 Galicia atópase o descarrilamento dun tren en Silleda durante a tarde de onte, por mor dun desprendemento de terra e pedras e sen causar danos persoais. Outro incidente ferroviario tivo lugar en Láncara, cando un tren alcanzou unha árbore, tamén se feridos. Destacan tamén as seis saídas de vía que se produciron na AP-9, á altura de Ordes, debido a unha forte sarabiada; o afundimento dun tramo da estrada EP-0017 en Campañó (Pontevedra); as diversas inundacións e rescates de persoas que quedaron atrapadas nas súas vivendas polo desbordamento de ríos na zona central de Lugo e, en especial, en Begonte, ou as complicacións pola neve vividas en vías secundarias e algunhas principais como a A-52, a N-6, a N-640 ou a N-540.

O Plan Inungal continúa activo
Cómpre recordar á poboación que continúa activo o Plan Especial de Protección Civil ante o risco de inundacións. Poden consultar aquí os cursos que se atopan por enriba do seu nivel de desbordamento. 

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...