En Ribeira, a proba da Cidá abrirá as Trails Series de Arousa Neo

20 Xaneiro 2023

O vindeiro luns 29 de xaneiro celebrarase unha nova edición da Trail da Cidá. Con esta proba, inaugurarase unha nova edición das Trail Series que promove a asociación Arousa Neo, que darán cabida tamén a outras dúas citas: o Trail de Outes (5 de marzo) e o XToSínTrail (21 de maio).

Para presentar a iniciativa compareceron no Consistorio ribeirense os concelleiros de Deportes de Ribeira, Outes e Porto do Son, Javier Sampedro, Juan Pouso e Daniel Rodríguez; ademais do tamén sonense Manel Deán e de Eduardo Iglesias no nome da asociación organizadora.

No relativo ao Trail da Cidá, regresa ao calendario das Trails Series despois de dous anos nos que caeu do cartel por mor da pandemia (no canto dela, disputouse o Trail de San Alberte). Tamén cambiou de localización o Trail de Outes, que pasa do Freixo ao entorno de Ponte Nafonso.

Na presentación lembraron outra novidade a destacar: que cada unha das citas terá dúas distancias alternativas: unha modalidade curta de 13-14 quilómetros e unha larga de 21 para a xente que se sinta con forzas para retos máis esixentes.

As persoas interesadas en apuntarse a todo o circuíto dispoñen ata este domingo para facelo na páxina web trailseries.run, en tanto que para a proba ribeirense “aínda hai de marxe ata o martes”, sinalaron os participantes na presentación, engadindo que a día de hoxe (este venres 20 de xaneiro) hai anotadas 80 persoas para o circuíto, máis outras 60 individualmente para a carreira da Cidá.

A organización agarda chegar aos 200 participantes.

Os representantes dos Concellos de Outes, Porto do Son e Ribeira felicitaron a Arousa Neo pola iniciativa. Tamén se agradeceu a colaboración do patrocinador Revolutrion e dos clubs Sachacamiños e CAO de Outes.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.