David Regades anima aos empresarios do Barbanza a que vexan a Zona Franca de Vigo como socia colaboradora

25 Xaneiro 2023

O delegado do Estado na Zona Franca de Vigo, David Regades, animou aos empresarios do Salnés, Caldas e Barbanza a utilizar as ferramentas do Consorcio, nun xantar-coloquio organizado este martes 24 de xaneiro por Galicia Foro Empresarial e ao que asistiron medio centenar de empresarios. David Regades foi presentado polo presidente da asociación, Manuel Jesús García Rodríguez (Thune Eureka), quen sinalou que “o noso obxectivo é que compartades connosco os vosos coñecementos e experiencias, que coñezades as nosas inquietudes e potencialidades co fin de buscar o voso apoio para a creación de riqueza, emprego e benestar nas nosas comarcas asentadas na ría de Arousa”.

Co título Zona Franca de Vigo. Impulsamos a economía. Creamos emprego, o delegado do Estado presentou os plans e programas desta institución pública, que, explicou, “traballa para potenciar o desenvolvemento económico galego, o comercio internacional, as infraestruturas e a cultura emprendedora e que cumpre 75 anos”.

Regades animou aos empresarios “para presentar os seus proxectos ás distintas aceleradoras da entidade viguesa, como ViaGalicia, que ten aberto o prazo para a sétima edición”. Así mesmo, ofreceulles “a colaboración do brazo investidor de Zona Franca, a sociedade de capital risco VigActivo, que ten case 25 millóns de patrimonio inxectados en empresas de Galicia”.

O delegado salientou tamén que a institución que dirixe xestiona un volume de activos de 520 millóns de euros e un investimento próximo aos 55 millóns de euros no cuadrienio 2019-2022. Explicou tamén que “con máis de 8 millóns de metros cadrados de solo industrial, 705 empresas instaladas, 20.000 empregos e 45 novas compañías creadas en catro anos, a Zona Franca é o gran motor da área sur e, por extensión, de Galicia, polo seu apoio ao emprendemento con viveiros empresariais, aceleradoras e incubadoras de empresas, e proxectos de internacionalización de referencia”. David Regades destacou que a Zona Franca ten “proxectos en marcha que crearán uns 3.000 empregos”.

Entre os proxectos xeradores de emprego, destacou a posta en marcha da Plisan, en Salvaterra-As Neves, onde xa se instalou Albelo, con potencial para crear 500 empregos, Beta Implants, que pasará de 29 a 200 traballadores, e a biofarmacéutica Lonza con 200 empregados. “En total na Plisan instalaranse de forma inmediata medio milleiro de traballadores, aínda que o potencial é doutros 500, cun compromiso de investimento destas empresas de 233 millóns”.

Así mesmo, David Regades avanzou o crecemento de emprego de Porto do Molle, onde se ultima a construción de 14 novas naves para pequenas e medianas empresas, que albergarán novas empresas e 200 traballadores.

Tamén presentou algúns dos proxectos que o Consorcio ten en marcha como o World Car Center, a planta de produción de hidróxeno verde en Bouzas, a planta de semiconductores fotónicos ou a participación no primeiro PERTE de España da automoción.

Outros artigos

Novo número de Código Cero, revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 278, na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco...

+

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.