Boiro súmase a Ribeira e Rianxo para achegarse á representación en Santiago de A Contenda do Río Miño

31 Xaneiro 2023

O Centro Dramático Galego recupera este ano o seu programa de mobilidade para facilitar a asistencia ao Salón Teatro de Santiago de Compostela e aos seus espectáculos. Farao novamente fretando autobuses dende diferentes concellos (a iniciativa Sobes ao autobús do teatro?). Entre os municipios que repiten nesta importante iniciativa cultural atópase o de Boiro, amais do Ribeira e o de Rianxo, entre outros moitos.

No caso dos ditos concellos, o CDG habilitará un autobús desde a vila con destino Santiago de Compostela para que os afeccionados locais ás artes escénicas poidan acudir á posta en escena de A contenda do río Miño unha coprodución do Centro coa Companhia de Teatro de Braga.

O servizo de transporte sairá de Ribeira (sobre as 18.00 horas), de Boiro (sobre as 18.15 horas na Cachada) e Rianxo (en Setefogas ás 18.30 horas) este sábado 4 de febreiro para chegar ó seu destino contra as 19.00 horas. A reserva de prazas pode facerse en cultura@boiro.org, normalizacion@ribeira.gal e en cultura@concelloderianxo.gal indicando nome completo, teléfono e correo-electrónico.

A función ten un prezo especial de 3 €, que inclúe a entrada e o desprazamento.

A Contenda do Río Miño

Proposta materializada a partir do texto Entremés famoso sobre a pesca do río Miño ou A contenda dos labradores de Caldelas de Gabriel Feixóo de Arúxo. Trátase dunha produción da Companhia de Teatro de Braga e o Centro Dramático Galego para o Festival de Almagro.

Autoría: Gabriel Feixóo de Arauxo / Dramaturxia: Javier Alonso de Castilla

Dirección: Fran Núñez

Elenco: Rogério Boane, Sílvia Brito, Carlos Feio, Eduarda Filipa, António Jorge, Grasiela Müller, Fran Núñez, Aisa Pérez, Valentina Picciau e Solange Sá.

Equipo espazo escénico: Salvador Forján, Antonio Mayo, Óscar Ortega, Xaquín Rei, Fernando Rodríguez, René Rodríguez, Suso Rodríguez e Elixio Vieites

Iluminación: Juanjo Amado e Tierri Pinto / Asistente de iluminación: Biqui Cabado

Son e audiovisuais: Antonio G. Budiño e Guillermo Vázquez

Vestiario: Cristina Cordido e María Negreira

Axudante de dirección: Silvia Brito / Apoio verso: Aisa Pérez

Coreografía: Belén Vázquez e Pilar Peña

Composición musical: Xosé Lois Romero e Grasiela Muller coa participación especial de Paulo Bragança

Deseño de produción: Rui Madeira

Produción: Paula Fonseca (CTB) e Francisco Veiga (CDG) / Asistente de produción: Xandre Vázquez

Outros artigos

Na Pobra o espírito do Nadal xa se vive no CAD

Comeza o mes de decembro e o CAD situado na Pobra do Caramiñal xa ten todo preparado para o Nadal. De feito, neste día 1 deron a benvida oficial a esta época festiva.Un trineo, unha casiña de xenxibre ou a caixa de correo para os Reis Magos son algúns dos elementos...

+

O Nadal vivirase tamén nas parroquias da Pobra

As parroquias do termo municipal da Pobra do Caramiñal gozarán tamén de actividades de Nadal dirixidas á rapazada que impulsa a Concellaría da Participación Veciñal. A edil Amparo Cerecedo manifestou que o se busca é “descentralizar as accións lúdicas do núcleo urbano...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O falar das pedras”. Luís Celeiro

“O falar das pedras”. Luís Celeiro

O falar das pedras é moito falar. Din o que saben, o que pasaron e o que será. As pedras gardan as mensaxes do tempo, as raias dos anos, dos miles e millóns de anos e cóntannolo aos que as escoitamos, aos que as miran e as queren. Millóns de anos escribindo e deixando...