O Concello de Ribeira informou do arrinque das obras na rúa do Carreiro, en Aguiño, cuxo obxectivo é o de mellorar a accesibilidade e renovar as beirarrúas para facilitar o tránsito peonil e substituíndo tamén o firme da calzada.
Para iso, as marxes da rúa serán melloradas e ampliadas empregando un pavimento continuo de formigón, en tanto que nos accesos dos viandantes e nas subidas e baixadas colocarase baldosa hidráulica tipo botón. Tamén será mellorado o tráfico rodado da calzada estendendo unha nova capa de aglomerado en quente.
A intervención foi adxudicada á empresa EXCAVACIONES MINA S.L. conta cun orzamento total de 42.097,58 euros e un prazo de execución de tres meses.




