A variante kraken da COVID chega a Galicia: dous casos en Pontevedra e outros dous na Coruña

19 Xaneiro 2023

A Consellería de Sanidade detectou catro casos da sublinaxe XBB.1.5 do coronavirus en Galicia, coñecida como kraken, dous deles na área sanitaria da Coruña e os outros dous na de Pontevedra. Ningún destes casos se atopa hospitalizado. A Dirección Xeral de Saúde Pública sinala que, coa información epidemiolóxica dispoñible, non se prevé que esta nova variante teña consecuencias máis graves que as variantes circulantes ata o momento.

Chamamento á vacinación

O departamento sanitario galego volve facer un chamamento á vacinación e sinala que, para a xente que aínda non teña posta a cuarta dose, hai 29.000 citas dispoñibles semanais para adultos e 1.100 para nenos e nenas no sistema de autocita, nos lugares e horarios que se poden consultar no seguinte enderezo:

É importante facer o proceso de xestión da cita previa antes de ir aos puntos de vacinación, para que as persoas que acudan non teñan que agardar.

Galicia segue a ter as mellores taxas de España de vacinación. Así, é a primeira en porcentaxe de vacinación con doses de recordo en maiores de 80 anos, cun 86,31%; tamén na franxa de 70-79 cun 81,56%; e en 60-69, cun 71,48%.

Sinalar, así mesmo, que a nosa comunidade autónoma continúa a monitorizar a aparición de novas variantes grazas a que, no ano 2022, incrementouse a capacidade de secuenciación de Galicia a máis do triplo, secuenciándose preto de 13.000 mostras. Neste ano, cóntase con secuenciar de 500 a 700 mostras á semana.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...