A prisión o acusado de provocar un incendio nunha vivenda da Pobra coa súa parella con discapacidade dentro

14 Xaneiro 2023

A xuíza do Xulgado de Instrución número 2 de Ribeira decretou na noite deste venres prisión provisional, comunicada e sen fianza para o acusado de provocar un incendio nunha vivenda da Pobra do Caramiñal onde se atopaba a súa parella, que ten unha discapacidade por mobilidade e que tivo que ser rescatada polos servizos de emerxencia.

O home, de 68 anos está a ser investigado por un delito de incendio en concurso con outro delito de intento de homicidio. O home foi arrestado o xoves despois de que os servizos de extinción achasen evidencias de que o lume fora provocado, polo que os feitos están a ser investigados como un caso de violencia de xénero.

A parella, de orixe estranxeira, reside na Pobra do Caramiñal desde o ano 2018, cando se mudaron desde o limítrofe concello coruñés de Ribeira.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...