A Policía Local de Rianxo instruíu dilixencias contra cinco condutores no que vai de ano

03 Xaneiro 2023

A Policía Local de Rianxo fixo balance da actividade recente en materia de seguridade viaria e outras cuestións. No informe faise saber que no que vai de ano os axentes instruíron dilixencias e puxeron a disposición xudicial a 3 condutores por delitos desta índole. En termos máis concretos, un destes condutores foi sorprendido arredor das 21 horas do día 1 de xaneiro conducindo de forma errática pola urbanización Martela dando positivo na proba de alcoholemia efectuada. Dito condutor conta antecedentes por feitos similares tendo sido condenado en firme en tres ocasións.

Os axentes fan saber tamén que outras dúas persoas foron sorprendidas conducindo vehículos a motor con perda de vixencia do permiso habilitante, un deles ás 16 horas e outro ás 21.30. Os dous últimos son reincidentes neste tipo de feitos, constándolle 8 e 4 detencións anteriores polos mesmos feitos. En todos os casos os condutores e as dilixencias instruídas foron postos a disposición do Xulgado de Garda de Padrón.

A Policía fai saber que estas actuacións “son consecuencia da campaña permanente de vixilancia dos usuarios de vehículos que sexan de risco” e que se está a efectuar por parte deste corpo dentro do Plan Autonómico de Seguridade Viaria.

Por outra banda entre o día 31 de decembro e 1 de xaneiro as patrullas de servizo foron requiridas en 20 ocasións por distintas incidencias relacionadas co temporal, a maioría por desprendementos de distintos elementos de vivendas, caídas de árbores e postes de subministro eléctrico o liñas telefónicas sobre vías de circulación ou propiedades privadas, e tamén por desprazamentos de contedores de lixo sobre a calzada.

Amais, a Policía Local de Rianxo comunicou que con motivo da Cabalgata de Reis que se celebra este xoves 5 de xaneiro, procedeuse a sinalizar varios treitos do percorrido especialmente na rúa Rinlo para facilitar o paso da comitiva real.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...