A despregadura de Rede Aberta en Rianxo achega fibra en boa parte da vila e das parroquias de Taragoña e Leiro

12 Xaneiro 2023

O ano 2022 foi un ano decisivo para o concello de Rianxo en materia de cobertura de fibra óptica avanzada e Internet de banda larga para as contornas rurais e urbanas. Segundo informaron fontes do Consistorio, a colaboración establecida entre a Administración local e a operadora neutra Redeaberta.gal “tornou efectiva en boa parte das parroquias de Rianxo, Taragoña e Leiro”. Fíxoo coa despregadura inicial da dita tecnoloxía FTTH (Fibra Até o Fogar polas súas siglas en inglés) e coa captación dos primeiros clientes.

A empresa instaladora de RedeAberta, Vento Rede, adxudicataria dos incentivos do programa Ünico-Banda Larga (Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital) para completar a cobertura en varios municipios da provincia da Coruña, foi como dixemos a encargada de realizar os traballos de subministro de equipamento en Rianxo.

Como consecuencia, RedeAberta vaise estender á totalidade dos núcleos de poboación do municipio rianxeiro. O Concello explicou que “para facilitar a chegada ás poboacións máis remotas, estase a explorar un acordo de colaboración para o uso dalgunhas infraestruturas municipais, como os postes de alumeado público, para a extensión da rede, o que permitirá achegar a fibra óptica ata os lugares de Cerqueiras, O Vilar, Varela e Campelo, entre outros”.

A data prevista para a finalización desta ampliación é abril de 2023.

O Concello de Rianxo aproveitou a comunicación destes datos para pedir a colaboración da veciñanza con vistas a “permitir e facilitar o tendido dos fíos de fibra óptica polos espazos regulados, como fachadas, postes e arquetas, así como o acceso dos operadores para a instalación cando están situados en propiedade privada, xa que é este un servizo que beneficia ao conxunto da veciñanza”.

O servizo de fibra óptica de RedeAberta pódese contratar a través dos operadores seguintes, ademais doutros servizos de telefonía móbil, sen fíos e televisión que ofrecen:

FibraRianxo / Pizpireta Telecom

A Túa Xanela

Toxo Telecom

Juifi Telecom

Grelo Comunicacións

Evoa

Aurea Telecom

Itegal

ItSarria

Bit Telecom

7Play

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.