A Deputación publica as bases das axudas PEL 2023, que inclúen recursos para a dixitalización, o emprendemento e o emprego

27 Xaneiro 2023

A Deputación da Coruña, no marco do Plan de Emprego Local, vén de publicar as bases reguladoras das axudas PEL 2023, que veñen con catro modalidades dependendo das necesidades das empresas e das persoas autónomas. As axudas poñen novamente o foco en contribuír á dixitalización das firmas da provincia, ao fomento do traballo por conta propia e á creación, ampliación e mantemento dos cadros de persoal das empresas. Pódense consultar polo miúdo no Portal de Emprego da Deputación da Coruña.

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, esquerda, anunciando as axudas do PEL-Concellos xunto a José Ramón Rioboo

-PEL Emprende Investimento. Axudas para a consolidación e o fortalecemento do tecido empresarial nos concellos da provincia da Coruña a través do apoio ao investimento en bens inventariábeis. A contía dispoñíbel é de 2.760.000 euros. Os gastos obxecto de subvención serán os seguintes: aplicacións informáticas, maquinaria, mobiliario e equipos para procesos de información (computadores e demais conxuntos electrónicos). O importe mínimo a conceder é de 2.450 euros e o máximo de 17.500.

-PEL Autónom@s. Axudas ao fomento do emprendemento e ao traballo por conta propia nos municipios da provincia da Coruña de menos de 20.000 habitantes. A contía total é de 1 millón de euros. O importe mínimo a conceder é de 1.200 euros e e o máximo de 2.400.

-PEL PEMES Creación e Ampliación. Axudas á creación e ampliación do cadro de persoal de pequenas, medianas empresas e microempresas. Cóntase neste punto cunha contía de 2.894.000,00 euros. O importe mínimo da subvención será de 1.000 euros e o máximo de 15.000.

-PEL PEMES Mantemento. Axudas ao mantemento do cadro de persoal de pequenas, medianas empresas e microempresas. A contía é de 1 millón de euros. O importe mínimo das axudas será de 1.000 euros e o máximo de 11.000.

As bases das axudas PEL 2023 poden consultarse no Boletín Oficial da Provincia núm.19 do 27 de xaneiro de 2023.

O prazo previsto para a presentación de solicitudes permanecerá aberto desde o día seguinte da publicación da convocatoria no BOP ata o 10 de marzo ás 14.00 horas.

As solicitudes, unha vez aberto o prazo, presentaranse de xeito telemático a través da plataforma SUBTeL.

Outros artigos

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...