160 novas incidencias no día de hoxe polo mal tempo tras superar o milleiro no día de onte

18 Xaneiro 2023

O temporal continúa a deixarse a sentir na nosa comunidade. Desde o comezo do día 16, o 112 Galicia vén de rexistrar un total de 1280 incidencias pola chuvia, o vento e a neve. No día de hoxe, ata as 6 da mañá, contabilizáronse un total de 160. 

As tipoloxías de incidentes máis repetidas son, ata o momento, as causadas pola caída de árbores e pólas nas estradas (566), a neve nas vías de circulación (63), os anegamentos (45) e os derrubamentos (17) e fochancas (10). En canto ás provincias máis afectadas, A Coruña segue sendo a máis castigada con 561 casos totais, seguida de Pontevedra con 335, Lugo con 289 e Ourense con 92. 

Entre os casos máis destacadas desde as últimas horas da tarde de onte, convén destacar a acción da neve nas estradas, sobre todo nas primeiras horas da mañá, coincidindo co momento de maior mobilidade na comunidade: en Riós, pasadas as 4:30 horas, o persoal de mantemento das estradas informou ao 112 dun tramo da A-52 situado no quilómetro 150 que se atopaba cortado ao tráfico a vehículos pesados polas dificultades de circular pola neve. Tamén se rexistrou neve na AP-9, en Mesía, e na A-6, nas Nogais (Lugo), tal e como informaron particulares que circulaban por ambos puntos. O xeo e sarabiada provocaron dous accidentes múltiples en Ponteareas, na A-52. No primeiro, sen feridos víronse implicados tres coches. No segundo, dúas persoas foron trasladadas polo persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 despois dunha colisión entre catro vehíuculos. Ata o punto acudiron os servizos sanitarios, a Garda Civil de Tráfico, a Policía Local, o GES-SPEIS de Ponteareas e os membros de Protección Civil. 

Por outra banda, diferentes zonas de varias localidades quedaron sen luz durante a madrugada. En Vilagarcía, varios particulares informaron ao 112, pasadas as 4 horas da mañá, desta problemática nas rúas Arzobispo Lago, Arzobispo Xelmírez e a Avenida Doutor Tourón. Tamén ocorreu na noite de onte no pobo de Rus, en Carballo. 

Outras incidencias destacadas debido ao temporal ocorreron, por exemplo, en Sarreaus (Ourense), pasadas as 7 horas: o condutor dun autobús informou ao 112 de que non podía reanudar a súa marcha. Atopábase no quilómetro 33 da OU-113. Neses mesmos instantes, os operarios de conservación das estradas xa traballaban nas tarefas de limpeza da vía. Pouco despois, ás 8:20 horas, recibíase o aviso dun particular que indicaba que tres vehículos eran incapaces de continuar a partires do quilómetro 6 da OU-1112, nos Blancos, tamén debido á neve. O mesmo ocorreu na DP-2104, en Cerceda. 

Ademais, os obstáculos seguen afectando á circulación nas estradas galegas: por exemplo, en Lugo, unha importante cantidade de terra e pedras cortaba case por completo o tráfico no quilómetro 35 da LU-P-6502, segundo informaba un particular ás 8 horas desta mañá. En canto ás árbores, particulares informaban dunha que afectaba á circulación no quilómetro 29 da LU-636, e doutra que cortaba a estrada de Toro á Laza. Ambos avisos chegaban ao 112 Galicia pasadas as 7 horas desta mañá. No caso de postes, un vehículo colidiu contra un que se atopaba partido sobre a estrada, á altura de Tomiño, sen ter que lamentar danos persoais. Ademais, en Vigo, un particular informaba ao 112, ás 5:35 horas, dun poste caído sobre o seu vehículo, o que levou á intervención da Policía Local e dos Bombeiros de Vigo, aínda que sen producirse feridos. O mesmo ocorría minutos antes das 2 horas da madrugada na Coruña, cando caeu un farol sobre un coche na rúa Ribeira Sacra, en Elviña. 

Fóra do ámbito das estradas, unha árbore caída impedía a uns veciños abandoar a súa vivenda en Ortigueira, segundo alertaron ao 112 os propios particulares afectados ás 8:20 horas. 

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.