“Un porto e un tempo: o exterior da Coruña, de cuxo futuro moitos dudabamos”. Antón Luaces

17 Decembro 2022

Debo recoñecer que, probablemente, o Porto Exterior de Punta Langosteira (que naceu como porto exterior da Coruña cando pertence ao veciño concello de Arteixo) ao igual que o aeroporto de Alvedro (que pertence ao territorio do concello de Culleredo e non ao da Coruña) van moito máis aló do que moitos pensábamos ían ir. Pero van, por máis que as dúbidas presidirán os contidos de novas e crónicas en prensa escrita, radio e mesmo televisión.

Canto se leva traballado na Coruña e o seu hinterland para comprobar as moitísimas posibilidades do aeroporto ao que os cidadáns coruñeses podemos chegar en 15 ou 20 minutos. Lembro a súa inauguración, nos primeiros anos 60, con centos de persoas asistindo incrédulas aos primeiros voos de avións con pasaxeiros e helicópteros transportando a representantes, entre outros, de medios de comunicación. Poucos, moi poucos, apostaban daquela polo futuro do aeroporto de Alvedro e, velaí, hoxendía volve ser o que aporta maiores expectativas de futuro entre os tres existentes en Galicia (tantos como Universidades asentadas nas mesmas cidades de Compostela-Lavacolla, Vigo-Peinador e A Coruña-Alvedro, cos engadidos de Ferrol, Pontevedra, Ourense e Lugo no que atinxe á actividade universitaria).

O de Alvedro houbo que pelexalo por terra e aire (obviamente). E gañouse, como ben se pode comprobar polos datos de movemento de pasaxeiros.

Pelexar por mar quedou para que, co afundimento do “Prestige”, o Goberno que presidía José María Aznar, coa colaboración institucional do concello da Coruña presidido por Francisco Vázquez, e unha miguiña de colaboración da Xunta que presidía Manuel Fraga, “sacaran” da manga un porto exterior en Punta Langosteira (Culleredo) cun proxecto no que Arteixo, como concello, nunca contou para nada (aínda que agora conte un pouco máis ca daquela.

Aquel porto exterior, convertido non pozo sen fondo en investimentos económicos case que nunca xustificados polas expectativas reais, agora comeza a albiscar un futuro de  cambios máis que evidentes que, aínda así, non xustifican a decisión inicial de construir un porto para o que, por moito que se diga, non había futuro.  Todas as súas espectivas xiraban arredor dun porto refuxio para buques en perigo, a construcción de naves para empresas que nunca viñeron aquí, promesas incumpridas e un tren que non daba chegado, como tampouco chegaron os cartos para facer aquí o que con outros fixeron en, por exemplo, Valencia.

Pois ben, este venres, o presidente da Autoridade Portuaria da Coruña, Martín Fernández Prado, afirmou ter o obxectivo fixado en 2023 do tantas veces anunciado traslado a Punta Langosteira das descargas de petróleo que, ata o de agora, se realizaban no pantalán do porto interior. Para elo vai empregarse un poliducto de trasvase de carga de crú cuxas probas se van realizar en breve e cumprir así un dos grandes obxectivos ambientais que xustificaron a posta en marcha das obras de construcción dese porto que agora, segundo os seus responsables, vai na vía (nunca mellor dito).

Foi xa todo un fito importante en 2022 a construcción  da nova terminal de Repsol en  Langosteira. E outro cumprido, a licitación e comezo das obras de acceso ferroviario, con 171 millóns de euros de investimento procedentes de fondos Next Generation, coa previsión de que estea operativa en 2026, que será cando se estableza un dos grandes puntos de inflexión basesdop no c rec emento de trafegos e a captación de negocio polo traslado de mercadorías dependentes do tren.

A previsión para eses anos, no que atinxe a trafegos, é moi positiva segundo dixo o presidente da Autoridade Portuaria nun contexto moi complicado após unha pandemia e coa inestabilidade producida pola guerra de Ucraina, que non impediron que se acadaran cifras récord en sectores como o dos cruceiros (co récord histórico de 225.000  pasaxeiros neste ano), ou en graneis agroalimentarios. E sobre todo pola nova xeoestratexia mundial e as condicións do Porto Exterior en materias como a ubicación e os distintos calados que o sitúan como un importante hub internacional de distribución de mercadorías como o carbón, coque, fertilizantes ou rocha fosfórica, abrindo unha nova liña de negocio con grandes perspectivas de futuro.

Outras expectativas se abren no porto exterior de Langosteira: son proxectos que teñen que ver co concepto de Green Port  e novas enerxías como amoníaco verde e derivados do hidróxeno, de moito crecemento para o futuro. Cara a este tamén se avanza en acadar as cero emisións de carbono para intervir decididamente na descarbonización industrial en toda a contorna do complexo portuario.

Verémolo?. Veranno aqueles que non siguen en idade?. Teremos que agradecer algo a aqueles que criticamos no seu día?. Simplementes digo: Oxalá.

Outros artigos

“Desenvolvemento social” – José Manuel Pena

Hai décadas en que se celebrou o Cumio Mundial de Copenhague sobre o DESENVOLVEMENTO SOCIAL, definíndose que para ser tal “ten que ter ao ser humano como obxectivo principal" e "que para que isto sexa unha realidade é conveniente a participación activa dos individuos...

+

“A UE cara o primeiro Pacto Europeo dos Océanos”. Antón Luaces

O chipriota Costas Kadis, de 57 anos, será -se así o decide o Colexio de Comisarios- o próximo Comisario de Pesca e Océanos da Comisión Europea- A proposta de nomeamento parte da presidenta deste organismo da UE, Ursula von der Leyen, quen confía en que o político...

+

“Los hipócritas impiden la separación de poderes”. Manuel Velo

Ya tenemos presidenta del consejo general del poder judicial y del supremo y el 57% de mayoría de mujeres juezas con lo que cabe esperar que la justicia en general está a la altura de proteger el Estado de Derecho y repare el daño causado de los particulares...

+

“Atoparse coma galiña en curral alleo” – Antón Luaces

Así foi como me sentín días pasados seguindo a retransmisión que facía a TVG dun campionato de billarda que, por ter sintonizado tarde o programa, descoñezo se a proba deportiva citada tiña carácter local, comarcal ou galego. Sexa como for, o caso é que, contemplando...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión