
Foi o condutor do vehículo, que transportaba gasoil a unha vivenda particular, quen comunicou os feitos ao 112 Galicia. Conseguira saír ileso ao exterior, pero o seu camión quedara envorcado fóra da vía na entrada de Xallas, en Rois, e moi preto dun regato.
De inmediato, desde o 112 Galicia informouse aos Bombeiros de Boiro, ao GES de Padrón, á Garda Civil de Tráfico e a Protección Civil de Rois. Unha vez no punto, os servizos de emerxencias descartaban calquera tipo de vertedura no regato ata o momento.
Pasadas as 18 horas, o persoal dos Bombeiros de Boiro seguían no lugar do accidente, onde un guindastre se encargará de retirar o vehículo nas próximas horas ou, se non é posible, durante o día de mañá.





