Triana García e Antía Prol, gañadoras do Concurso Escolar de Debuxo de Nadal en Ribeira

09 Decembro 2022

As nenas Triana García Lema, de 6 anos de idade e estudante no Colexio A Milagrosa de Oleiros, e Antía Prol Teira, de 11 anos e alumna do Colexio Galaxia (Santa Uxía), resultaron as dúas gañadoras do Concurso Escolar de Debuxo do Concello de Ribeira destinado a seleccionar as creacións que ilustrarán o cartel de Nadal e a postal do Concello, respectivamente.

A concelleira de Cultura María Sampedro mostrou este venres 9 de decembro ambos debuxos nun acto de presentación no que estivo acompañada das dúas novas artistas no salón de plenos do Consistorio local.

O debuxo de Antía representa unha árbore de Nadal coas cores da bandeira da inclusión para simbolizar “o Nadal é para todos” (en palabras da propia ilustradora); mentres que o de Triana exhibe aos tres Reis Magos sobre un fondo azul.

A edil ribeirense, que agradeceu aos colexios e as familias que se involucrasen nesta iniciativa, fixo entrega dos premios ás pequenas, consistentes en 150 euros en cada unha das modalidades distribuídos en bonos a investir en varios comercios locais (Podium Sport, Libros Ari e Librería Mirás).

En total presentáronse ao concurso unhas 500 creacións. O xurado estivo composto por Unai González, Fernando Yáñez e Eugenia Gómez, actuando María Sampedro como presidenta e Sara García como secretaria.

Outros artigos

A OPP83 celebra este venres a III Xornada de Pesca de Ribeira

A Sociedade Cooperativa Galega do Mar Santa Uxía organiza este venres 20 de setembro unha nova edición da súa Xornada de Pesca de Ribeira e faino coa finalidade de “tratar temáticas de gran interese para o sector pesqueiro”. A cita desenvolverase entre as 10.00 horas...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Eu vi a árvore chorar” – Manuel Domínguez

“Eu vi a árvore chorar” – Manuel Domínguez

Eu vi a árvore chorar. Em honra da verdade choramos juntos. E entre lágrimas e balbucios de palavras, mesmo entendendo porque ele estava chorando, perguntei a ele. Ele não estava chorando pela fruta perdida, podiam ser maçãs, laranjas, neste caso eram pinhas, pinhas...