O Concello de Ribeira quere dar continuidade ao curso de atención a persoas dependentes posto en marcha durante a semana pasada, que obtivo un importante éxito de participación. Seguindo este fío, a Concellería de Servizos Sociais vai pór en marcha unha nova acción dirixida a todas as persoas que que non conseguiron praza no anterior. As clases darán comezo o venres 9 de decembro e tamén se realizarán nas aulas de Cristóbal Colón en xornada matinal.

Cómpre lembrar que esta iniciativa está destinada a incidir na hixiene persoas e mobilización de persoas dependentes, con vistas a unha mellor calidade de vida do paciente e a potenciar a súa saúde, autonomía e independencia.
Entre as dúas acción formativas, un total de 33 persoas recibirán a formación adecuada en materia de coidados a persoas dependentes.
