Rianxo terá unha das tres bases de operacións do servizo de extinción de incendios

08 Decembro 2022

Rianxo contará no 2023 cunha das tres primeiras bases de unidades operativas (BUO) dos servizos de loita contra o lume.

Esa base será o centro de operacións dos equipos de extinción, e alí concentraranse non só as brigadas contraincendios, senón tamén outros traballadores do servizo, como axentes forestais ou condutores das motobombas. Tamén haberá espazo para o parque de vehículos vinculado aos operativos.

A Consellería do Medio Rural e o Concello chegaron a un acordo para a cesión dunha parcela municipal no polígono empresarial de Te para a implantación do servizo.

Sobre o terreo cedido polo Concello levantarase un complexo cunha superficie total de 400 metros cadrados. A base desde a que se dirixirán os operativos contará con zona de descanso para o persoal de extinción de incendios, vestiarios, aseos, despachos e almacéns para o material. Así mesmo, no exterior haberá espazo de garaxe para vehículos e motobombas.

Nestas instalacións de nova creación, que segundo as previsións da Administración autonómica estarán operativas antes de que arrinque a nova tempada de alto risco de incendios o próximo verán, investiranse máis de 635.000 euros.

Ademais da de Rianxo, no 2023 está previsto habilitar sedes en Mondoñedo e en Muíños. A rede irase ampliando nos exercicios posteriores ata a creación de 15 centros en todo o territorio.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.