Remate de obras de abastecemento no lugar de Outeiro (Taragoña)

29 Decembro 2022

Unhas trinta vivendas da aldea de Outeiro en Taragoña, que se xuntan a outras trinta nas que se realizou previamente outra obra de saneamento e abastecemento, dispoñen neste momento de conexión á rede de abastecemento municipal ao rematar a actuación realizada pola empresa Nemesio Ordóñez (NOSA).
Rematadas as obras, que formaban parte do Plan Único Concellos da Deputación provincial da Coruña, procedeuse a reposición do firme na zona afectada polas obras.
Unha actuación que con fondos propios do Concello se completará para chegar nas vindeiras semanas ao entronque do vial coa estrada de Dorna. O firme achegado é mistura bituminosa en quente. A actuación do Plan Único se achega aos 50.000 euros aos que se sumarán uns 30.000 euros pola actuación no viario non cuberta pola obra de abastecemento. Veuse a necesidade de completala nas vindeiras semanas polo mal estado xeral desa estrada.
A actuación de dotación de abastecemento ao núcleo, moi demandado polos veciños da zona, con importantes carencias en especial nos meses de verán, permitirá a continuidade da rede abastecida desde a ETAP de Rianxo mentres se agarda por un inminente actuación xa licitada e pendente de adxudicación na aldea de Corques e que traerá o subministro desde o depósito de Taragoña. Esta actuación irá encamiñada a mellorar toda a rede paralela á estrada Ac305 desde Taragoña ao Araño e chegar a esta última parroquia onde aproveitando as obras da Xunta nas beirarrúas se está a instalar previamente tamén por parte do Concello tubaxes entre A Casilla e o cruce de Pousada.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.