O vento continúa a deixar a súa pegada na comunidade durante a mañá de fin de ano

31 Decembro 2022

Aínda que sen incidencias de gravidade e sen ter que lamentar danos persoais, os efectos do vento deixáronse notar ao longo de toda a mañá.

Entre as 8 e as 12 horas, o 112 Galicia rexistrou un total de 145 incidencias pola acción do vento. Do mesmo xeito que durante a noite, as máis frecuentes continúan sendo as relacionadas con árbores e pólas nas estradas, con 76, seguidas da prevención de riscos, con 29. En relación a estas últimas, foron varias as veces que se notificou a presenza de postes do tendido eléctrico, tellas, carteis ou outros obxectos que se atopaban a piques de caer.

Tamén son destacables as relacionadas coa caída de cables nas vías de circulación, do que o 112 tivo constancia en 16 ocasións. O resto das incidencias repártense entre a caída de postes telefónicos en estradas (6), os restos de accidentes e diversos obstáculos sobre a calzada (7), e outras que se rexistraron con menos frecuencia, como por exemplo a caída de carteis, pancartas ou sinais de tráfico (1).

No relativo ás provincias, a da Coruña continúa sendo a que máis incidencias sumou ao longo da mañá, con case un cento (94), seguida de Pontevedra (29), Lugo (18) e, por último, Ourense (4).

Na da Coruña, 46 tiveron de novo que ver con árbores e pólas nas estradas, seguidas polas 19 que se contabilizaron no eido da prevención de riscos. Pola súa parte, en Lugo e en Pontevedra destacan as ocasionadas pola presenza de árbores na vía, con 15 e 14 respectivamente, mentres que na provincia de Ourense só se ten constancia de dúas con esta tipoloxía.

Por outra banda, os concellos máis afectados polos efectos do vento foron Narón (6), Carballo (5) e Oleiros, Ponteceso e A Laracha (4) na provincia da Coruña; os municipios mariñáns de Lourenzá e Mondoñedo (3) en Lugo; A Estrada (4), Vigo e Lalín (3) en Pontevedra, e Nogueira de Ramuín (2) en Ourense.

Accidentes sen feridos
En canto aos sucesos destacables, por fortuna sen feridos, unha árbore caía ao fío das 12:30 horas sobre un vehículo que circulaba polo quilómetro 3 da AC-110, ao seu paso por Moeche. Un accidente similar ocorría unhas horas antes, pasadas as 8 horas, na N-634 á altura de Barreiros: o particular implicado informaba ao 112 de que acababa de colidir contra unha árbore que obstaculizaba a calzada.

Outros artigos

Unha fronte fría deixará chuvias e un descenso térmico este domingo

A nubosidade irá en aumento dende a mañá pola fachada atlántica, con precipitacións máis probables na Coruña, as Rías Baixas e a Mariña As temperaturas máximas experimentarán unha baixada moderada, mentres que as mínimas tenderán a subir A chegada dunha fronte fría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.