O peche da Porta Santa, con lembranza a Bieito XVI, pon fin ao Ano Xubilar

31 Decembro 2022

As campás tocaron por Bieito XVI, que estivo en Compostela no Ano Santo de 2010

Monseñor Julian Barrio, Arcebispo de Santiago, pecha a porta Santa e pon fin o Ano Xubilar 21-22

O peche da Porta Santa puxo este sábado o broche final a un bienio xubilar atípico e xa empeza a conta atrás para as celebracións xacobeas de 2027 e de 2032, co que se celebrarán tres Anos Santos nunha década, mentres que os seguintes non van ser ata 2038 e 2049.

Ante centos de fieis, neste último día do ano chuvioso e con coloridos paraugas perfectamente integrados no decorado, o arcebispo compostelán, Julián Barrio, o último en atravesar este acceso da parte traseira da catedral compostelá, empuxou ambas xambas e procedeu ao peche con chave, dous minutos antes das cinco da tarde.

Previamente entraran os últimos peregrinos, que estes días formaron grandes colas para adentrarse por este lugar no templo que preside a Praza do Obradoiro.

O nuncio apostólico en España Bernardito Auza leu ao comezo dunha cerimonia curta en duración unha mensaxe do papa Francisco no que falou dos anos “nada fáciles” que se viven a nivel mundial e da necesidade de reflexionar e buscar o sentido da propia existencia, como fan os peregrinos no seu Camiño.

As campás tocaron, ademais, por Bieito XVI, falecido nesta xornada aos 95 anos no mosteiro Mater Ecclesiae do Vaticano, onde residía desde a súa histórica renuncia ao pontificado en 2013.

Foi o 6 de novembro de 2010, tamén sábado, cando o papa emérito visitou a capital galega con motivo da celebración daquel xacobeo. 

Outros artigos

O novo Auditorio de Ribeira abrirá o sábado 1 de xuño

O novo Auditorio Municipal de Ribeira abrirá as súas portas o sábado 1 de xuño e para celebrar a súa apertura, a Concellería de Cultura está a organizar unha programación especial que se estenderá ao longo de todo o mes. Esta coincidirá co "Xuño dá Cultura e as...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Na memoria da veciñanza”. Luís Celeiro

“Na memoria da veciñanza”. Luís Celeiro

Ela pensaba que morría aquela mesma noite. Despídese das amizades, dos poucosfamiliares que lle quedaban, vai ao refuxio dos animais abandonados e dálle un bico a cadaun dos cadelos e a algunha das cadelas que moraban naquel espazo cheirento, naquel lugarque fedía e...