O Goberno destina 13,4 millóns de euros a levar banda larga ás zonas brancas da Coruña

12 Decembro 2022

A subdelegada do Gobierno na Coruña, María Rivas, fixo balance este luns 12 do desenvolvemento do Programa Único – Banda Larga na provincia. Achegou os datos no marco dunha xuntanza co xefe provincial de Inspección de Telecomunicacións da Coruña do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital, Enrique Fernández Cancio. Rivas valorou que na segunda convocatoria do plan, resolta este outono, a provincia benefíciase dun investimento de 13,4 millóns de euros para levar a conexión a Internet de alta velocidade a 36.556 fogares e empresas das chamadas zonas brancas, que son aquelas que non dispoñen de cobertura de redes de velocidade de polo menos 30 Mbps, nin plans para a súa dotación nos vindeiros tres anos.

“A conectividade é un elemento básico para garantir a supervivencia dos pequenos concellos; é unha arma contra o despoboamento”, destacou María Rivas.

Durante o encontro, o responsábel provincial de Telecomunicacións e a delegada abordaron a execución do plan e a necesaria cooperación entre as distintas administracións implicadas. A subdelegada lembrou que o Plan Único diríxese a alcanzar “unha taxa de cobertura de moi altas capacidades do 100% da poboación en 2025”. Segundo engadiu, esta segunda convocatoria triplica o nivel investidor da primeira, resolta en 2021, na que corresponderon á provincia 4,7 millóns de euros cunha achega de 3,5 millóns por parte do Ministerio e para levar a fibra ultras rápida a 15.923 familias e empresas. Tamén fixo saber que España está á cabeza de Europa en conectividade, cunha cobertura de banda larga a 30 Mbps do 96% do territorio -o 91% nas zonas rurais- e do 88,3% a velocidade de 100 Mbps.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.