O Club de Xubilados de Lousame, en colaboración co Concello, organiza unha excursión ao Balneario de Cuntis, que terá lugar na tarde do mércores 28 de decembro. A viaxe terá un custe de 22 euros e as inscricións cómpre facelas no teléfono do Club de Xubilados: 6653 22 16 55.
O prezo inclúe o desprazamento en autobús e unha entrada de 2 horas ao Acquaform, un circuíto lúdico-termal que permite combinar os beneficios terapéuticos das augas do Balneario de Cuntis, que lles permitirán aliviar tensións musculares con chorros e pescozos de cisne, ou relaxarse deitado nunha cama de masaxe ou eliminar toxinas nas súas distintas saunas.
A expedición sairá de Lousame en autobús a iso das 15:45 horas, recollendo ás persoas participantes polas súas parroquias. Para participar, ademais de inscribirse, é fundamental levar toalla, traxe de baño, chancas e gorro.




