O Bus Real xa está operativo en Ribeira

28 Decembro 2022

Dende este mércores 28 de decembro o Bus Real xa circula polas rúas do municipio de Ribeira á espera de que o día de 5 de xaneiro leve ás súas Maxestades de Oriente polas parroquias nas horas previas á celebración da cabalgata na cidade.

O vehículo foi presentado na rúa Galicia fronte ao Mercado Municipal nun pequeno acto no que tomaron parte a concelleira de Cultura María Sampedro, representantes do Grupo Ferrín (Manuel e Brais) e os pequenos e pequenas que están a asistir ao campamento de conciliación do Concello nas instalacións do Colexio O Grupo.

Chegada en dornas

Sampedro explicou que este Nadal o rotulado do autocar está ambientado con motivos marítimos como un aceno á conmemoración do 75º aniversario da Festa da Dorna no 2023. De feito, a edil adiantou que o próximo 5 de xaneiro os Reis Magos chegarán a Ribeira a bordo da Dorna Nai, a Jalerna e a Virxe do Carme para dar paso a continuación á Cabalgata polas rúas de Santa Uxía, cuxos detalles serán dados a coñecer nos próximos días.

Nas horas previas do xoves 5, Melchor, Gaspar e Baltasar irán dentro do Bus Real e pasarán por Oleiros (10 horas), Palmeira (10.45), Castiñeiras (11.30), Aguiño (12.15), Carreira (13), Artes (16), Olveira (16.40) e Corrubedo (17.30).

Unha vez concluído o acto de presentación, o alumnado do campamento de conciliación estreou o Bus Real cunha viaxe ata Aguiño para visitar o Belén Municipal no adro da igrexa parroquial.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.