O BNG volve sumarse á veciñanza de Corrubedo nas súas mobilizacións e esixe a dotación dun médico a tempo completo na parroquia

01 Decembro 2022

Membros do BNG ribeirense estiveron este 1 de decembro apoiando á veciñanza de Corrubedo nas súas xa habituais mobilizacións de cada xoves para reclamar a mellora do servizo médico na vila, cuxo centro de saúde corre risco de botar o peche, segundo levan advertindo dende hai meses, xunto con outras agrupacións locais como o PSOE de Ribeira. En concreto, BNG e veciñanza pediron que se cubra a única praza de médico da parroquia.

A concelleira Cruz Rivadulla Márquez denunciou que “a falta de profesionais médicos e recursos que padecen os centros de saúde de Ribeira non son froito da casualidade senón que se derivan dunha década de recortes aplicados na sanidade pública, provocando un colapso sen precedentes”.

Rivadulla pediu “dotar a Corrubedo de médico porque, do contrario, a poboación maior é a que paga asume as consecuencias de ter que desprazarse ata o xa colapsado Centro de Saúde de Ribeira en autobús ou en taxi, supoñendo un gasto económico, ou ben depender doutras persoas para o seu traslado”.

Desde o BNG sinalaron que “en Corrubedo falta médico” e “en Ribeira faltan 7 profesionais dos 14 que debería ter o Centro de Saúde”. E engadiron: “Pedímoslle ao PP que deixe de xogar coa saúde da xente, retire a pretensión de pechar os centros de saúde do rural e se poña a traballar para garantir unha atención sanitaria de calidade”.

No transcurso da mobilización Cruz Rivadulla mostrou o compromiso absoluto do BNG coas demandas da parroquia e declarou que “é urxente aplicar un plan de choque que permita cubrir o 100% das vacantes de persoal sanitario que garantan o dereito a ter un sistema público de saúde eficaz” concluíu.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...