Durante o luns iremos quedando baixo influencia das altas presións. Agárdase un día de ceos nubrados pola mañá, con algún chuvasco illado ao leste de Ourense e en comarcas costeiras do litoral norte. Pola tarde, tendencia á apertura de claros. As temperaturas sufrirán un lixeiro descenso, máis pronunciado nas mínimas. O vento soprará frouxo de dirección variable con predominio da compoñente norte.
O NOSO MAR: Vento variable á mañá, do norte á tarde e do nordés á noite, forza 1 a 2 á mañá e 2 a 3 á tarde e á noite. Mar rizado á mañá e mar ovellado á tarde e á noite. Visibilidade regular á mañá e boa á tarde e á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 2.5 a 3 metros á mañá, 2 a 3 metros á tarde e 1.5 a 2.5 metros á noite.
Mareas
Muros | ||
---|---|---|
Hora* | Altura | |
Preamar | 05:54 | 4.0 m |
Baixamar | 12:09 | 0.4 m |
Preamar | 18:25 | 3.6 m |
Vigo | ||
---|---|---|
Hora* | Altura | |
Preamar | 05:44 | 3.9 m |
Baixamar | 12:02 | 0.5 m |
Preamar | 18:17 | 3.5 m |
Vilagarcía | ||
---|---|---|
Hora* | Altura | |
Preamar | 05:49 | 3.9 m |
Baixamar | 12:07 | 0.4 m |
Preamar | 18:21 | 3.5 m |
Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)