Licitada por máis de 275.000 euros a substitución do céspede artificial da Tasca (Aguiño)

01 Decembro 2022

O Concello de Ribeira abriu o período de presentación de ofertas para a substitución do céspede artificial do campo de fútbol de A Tasca, situado na parroquia de Aguiño: unha intervención cuxo prezo de licitación ascende a 275.660,36 euros.

Segundo explica o Concello, o campo ten unhas dimensións de 102×62 metros cadrados e o actual terreo de xogo acusa un “notábel desgaste derivado dun uso intensivo e do propio paso de tempo, ademais de abultamentos e depresións nalgunhas zonas, o que aconsellaba a súa renovación”. A tal efecto, vaise desmontar e retirar a herba actual, incluído o árido, e situar no seu lugar un novo céspede sintético de última xeración mediante sistema tufting. Amais, colocarase novo equipamento deportivo, incluíndo porterías de fútbol 11 e fútbol 7, e picas de córner abatíbeis con bandeiriñas.

O prazo de execución dos traballos é dun mes e medio.

As empresas interesadas dispoñen ata o 26 de decembro para presentar as súas ofertas a través do Sistema de licitación da Xunta de Galicia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.