Incendio nunha cociña  en Rianxo

04 Decembro 2022
Dotación de bombeiros do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña con base en Boiro xunto Policía Local de Rianxo interviron nun incendio de vivenda na Rúa Brea Segade do Concello de Rianxo. Soamente danos materiais.

Tratouse dunh tixola esquecida ao lume, o que afectou á campá extractora dunha cociña na Rúa Xosé María Brea Segade. Igualmente, un veciño da edificación foi quen chamou ao 112 para informar da situación e solicitar axuda preto das 22:00 horas.

Ao punto acudiron os Bombeiros de Boiro que trataron de ventilar o inmoble, posto que os propios particulares foron quen de apagar as lapas coa axuda dunhas prendas de roupa. Afortunadamente, ninguén resultou ferido.

Os axentes da Garda Civil, da Policía Local e efectivos de Protección Civil completaron o operativo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...