
O grupo de goberno do Concello de Rianxo rexeita firmemente os actos que se realizaron contra un dos bancos pintados en Setefogas coa bandeira do arco da vella, símbolo de tolerancia, respecto e compromiso cos dereitos Lgbti. Non é un acto vandálico máis, xa de por si condeable, contra o patrimonio de todos e todas, senón vai contra o que representa que é a tolerancia que preside e debe presidir o municipio.
Evidentemente, mentres a Polícia Local buscará dar cos culpábeis de mover e guindar ao mar o banco, a brigada de obras repoñerao e non só iso, senón que realizará máis repintados na zona, pois de ningunha maneira se vai permitir gañen os intolerantes e homófobos.
Os feitos tiveron lugar probbelmente a noite do venres ao sábado no que a marea baixa deixou ao descoberto o banco multicor instalado desde o pasado novembro como un dos actos deste mês contra a non violencia contra a muller.
A Polícia Local procedeu a retiralo do mar e recuperalo para a súa posterior reposición. Intensificará a súa vixilancia e control para dar cos causantes desta acción tan cobarde.




