Fin de ano con nubes e claros con chuvias fortes a partir da tarde e madrugada do Aninovo

30 Decembro 2022

O sábado unha borrasca estará situada ao noroeste peninsular e unha nova fronte fría chegará a Galicia na segunda metade da tarde. Deste xeito, os ceos alternarán nubes e claros pola mañá, aumentando as nubes pola tarde e comezando as chuvias polo oeste, estendéndose durante a noite ó resto da Comunidade, sendo localmente fortes. As temperaturas mínimas descenderán lixeiramente, mentres as máximas non terán cambios significativos. O vento soprará do sur, forte, baixando de intensidade cara á noite.

Durante o domingo continuaremos afectados pola fronte que chegou a Galicia no día anterior. Con esta situación, agárdanse ceos con abundantes nubes e chuvias, máis persistentes e intensas pola mañá. As temperaturas mínimas sufrirán un lixeiro descenso, quedando as máximas sen cambios. Os ventos soprarán frouxos, do suroeste pola mañá, rolando a noroeste pola tarde.

Atención para sábado: Refachos superiores aos 80 km/h na maior parte de Galicia, diminuíndo á noite. Fortes chuvias ao final do día no oeste.

meteogalicia

O noso mar: Mar de fondo do oeste á mañá e sudoeste á tarde e á noite, con ondas de 3.5 a 4.5 metros á mañá e á tarde e 2 a 3 metros á noite. Visibilidade regular á mañá e mala á tarde e á noite. Vaga á mañá e á tarde e forte marusía á noite. Vento do sur á mañá e á tarde e do sur á noite, forza 7 a 8 á mañá e á tarde e 4 a 6 á noite.

Mareas


Muros
Hora*Altura
Baixamar04:271.3 m
Preamar10:493.2 m
Baixamar17:111.2 m
Preamar23:312.9 m
Vigo
Hora*Altura
Baixamar04:191.3 m
Preamar10:413.1 m
Baixamar17:041.2 m
Preamar23:252.9 m
Vilagarcía
Hora*Altura
Baixamar04:231.3 m
Preamar10:453.1 m
Baixamar17:081.2 m
Preamar23:292.9 m

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.