Éxito de participación no curso de formación en riscos laborais para a pesca de arrastre que organizaron dende a Cooperativa Santa Uxía

22 Decembro 2022

A Cooperativa Santa Eugenia de Ribeira – OPP 83 organizou outra xornada de formación en riscos laborais para os armadores, mariñeiros e todo o persoal relacionado coa pesca do arrastre e que forma parte da OPP83.
Unhas xornadas impartidas pola docente Eva Calvo, de Mar Seguro, e que estiveron centradas na obrigación da formación en prevención de riscos laborais, un repaso polos conceptos preventivos, a aplicación, modalidades preventivas, obrigacións e centros de traballo, máquinas e sinalización dentro da prevención dos riscos laborais.
Dentro dos riscos laborais están as causas de accidente de traballo que en moitos casos débese
a condicións inseguras: embarcación en mal estado, mala sinalización… ou actos inseguros, non
uso de EPIs, desobedecer instrucións de seguridade… Dende Mar Seguro deixaron patente nesta
xornada que actuando sobre estas causas os accidentes pódense evitar e así, deste xeito, evitar
tamén, a consecuencias: perdas económicas e sociais; danos a saúde dos traballadores; danos a
equipos e materiais; danos ao medio ambiente; mortes…
Unha xornada onde tamén deron a coñecer os tipos de baixa por accidente ou enfermidade profesional e tamén a incapacidade laboral que hai a día de hoxe: permanente ou gran invalidez.
En canto a Lei de Prevención – LPRL nesta Xornada quedou patente que o seu obxectivo prioritario é promover a seguridade e a saúde dos traballadores mediante a aplicación de medidas e o desenvolvemento das actividades necesarias para a prevención de riscos; ademais de plantexarse fomentar unha auténtica cultura preventiva a todos os niveis.
Os principios da acción preventiva son: evitar os riscos; avaliar os riscos que non se podan evitar; combater os riscos na súa orixe; adaptar o traballo á persoa; ter en conta a evolución técnica; substituír o perigoso polo que entrañe pouco ou ningún perigo; planificar a prevención; adoptar medidas que antepoñan a protección colectiva á individual e dar as debidas instrucións aos traballadores.

Outros artigos

Ribeira prepara xa a III Milla do Día da Hispanidade

O Concello de Ribeira colabora coa Escola de Boxeo El Canario no desenvolvemento da III Milla Día da Hispanidade que se celebra o vindeiro luns 12 de outubro con saída ás 11.00 horas, dende o Malecón. Á presentación asistiron o concelleiro de Deportes, Álex Vidal, e...

+

COGAMI impulsa unha campaña para captar talento de xente nova

A campaña tamén chegou ao Centro Social de Boiro A confederación inclusiva COGAMI que preside o sonense Anxo Queiruga lanzou unha campaña de sensibilización e captación de talento de mozas e mozos para dar a coñecer o Servizo de Emprego entre a xente nova con...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana”. Mario Clavell

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.