Este domingo 18 de decembro celébrase o Festival de Nadal da Asociación Cultural de Abanqueiro. Será no Centro Social da parroquia boirense, a partir das 17.00 horas. Contará coa colaboración dos grupos Abeloura, A Arrancadeira, Os da Boina, Nunca é tarde, Aficionados do teatro (Asociación Cultural de Abanqueiro), Os centenarios de Louro e A Dorniña. O programa inclúe sorteos de premios e a degustación, ao remate, de pinchos variados. Organiza a AC de Abanqueiro en colaboración co Concello de Boiro.
