O Concello de Boiro inaugurou esta mañá un mural na unitaria de Escarabote cunha xuntanza na que participaron as entidades promotoras da iniciativa e a veciñanza de Lampón. Os concelleiros Marcos Fajardo e Raúl Treus acompañaron á directiva e xogadores do club e veciñanza neste acto que ten como finalidade promover e fomentar a inclusión.
A iniciativa, levada a cabo pola Concellería de Servicios, xorde do Sporting de Lampón que, con motivo do cincuenta aniversario do club, buscan impulsar a inclusión social mediante as alianzas con outras entidades do municipio para facer este mural. “O Sporting de Lampón proponse cumprir cincuenta anos máis e facelo de xeito inclusivo”, afirmou o concelleiro de Servicios Sociais, Raúl Treus.
O deseño foi realizado polo artista Nove Noel e leva representadas as cores do club así como outros símbolos propios do municipio e da parroquia como son o Pazo de Goiáns ou o mar. “Este mural realizado gracias ao Concello de Boiro representa o esforzo e a loita dos cincuaenta anos que acabamos de cumprir como club no Sporting de Lampón”, afirmou o delegado do club.




