O vindeiro 8 de xaneiro regresa a BTT de Nadal na súa duodécima edición, que supera as restricións de convocatorias anteriores motivadas pola pandemia e amplía ata os 300 o número máximo de participantes.
Trátase dunha ruta ciclista non competitiva que foi presentada esta mañá polos concelleiros Javier Sampedro e María Sampedro, xunto con Moncho Sampedro da asociación As Miñoteiras e Eduardo Iglesias de Arousa Neo.
A ruta sairá ás 9 horas do complexo da Fieiteira para trazar un percorrido de 42 kilómetros e dificultade media baixa que descorrerá por lugares como o monte de San Alberte, Pedra das Cabras, San Amedio, Balteiro ou Oleiros.
O casco é obrigatorio.
A xente interesada pode formalizar a súa inscrición ata o 4 de xaneiro a través da páxina web cronotec.es, habendo nestes momentos unhas duascentas persoas anotadas. A cota son quince euros. Poden participar tanto adultos como menores de 18 anos, se ben estes últimos deberán presentar unha autorización do seu titor legal.
O retorno á Fieiteira está prevista para o entorno das doce ou doce e media do mediodía. Alí entregaranse trofeos aos clubs máis numeroso e máis lonxano e ao participante máis veterano.
Adxudicada a redacción do proxecto básico e de execución da rehabilitación do Conservatorio de Aguiño
O Concello de Ribeira deu novos pasos en materia de eficiencia enerxética e sustentabilidade coa adxudicación da redacción de proxecto e de execución para rehabilitar o Conservatorio de Aguiño. As medidas incluídas no proxecto supoñen pasar dunha cualificación...