En Rianxo celébrase este sábado unha nova charla informativa coa Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí

15 Decembro 2022

Logo da cita informativa do pasado xoves 17 de novembro, este sábado 17 de decembro ás 12.00 horas está prevista en Rianxo, no Auditorio Municipal, unha nova charla coa Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí. Tratarase a cuestión do programa de acollida Vacacións en paz , impulsado pola dita entidade humanitaria para permitir que as crianzas do pobo saharauí que viven nos campamentos de refuxiados en pleno deserto do Sáhara poidan pasar o verán na nosa terra con familias de acollida. O Concello de Rianxo leva xa anos participando neste programa solidario, que pon de manifesto a dramática situación na que viven os refuxiados da antiga colonia española, obrigados a vivir en campamentos inhóspitos e afastados da súa terra de orixe polo Goberno de Marrocos.

Información sen compromiso no teléfono 678 727 382 ou no correo-e sogaps.oficial@gmail.com ​​​​​​​

Máis información sitio web da asociación.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión