D.E.P. Ramón Allegue Martínez penúltimo “padronés” dunha xeración querida na Pobra

22 Decembro 2022

Antonio Gonzalez Millan.- D.E.P. Ramón Allegue Martínez (A Pobra do Caramiñal, 23.01.1934 – Vigo, 2O.12.2022). Era o penúltimo “padronés” dunha xeración querida nesta vila arousá: saga familiar numerosa e de feitos recordados: os “Padrón”.

Este Padrón, alcumado popularmente como o “Tigre” sería lembrado durante xeracións como unha lenda. Foi un celebrado xogador de fútbol galego. Tivo os seus comezos no Club Puebla local, no Club Casablanca de Vigo e Turista S.C. como cedido. En 1955 debuta no R.C. Celta de Vigo, equipo no que permanece 8 temporadas, ata 1962. Etapa celtista na que se convirte nun dos mellores porteiros nacionais de Primeira División. Entre ese ano e ata 1964 son as súas 2 campañas no R.C. Deportivo da Coruña. Tra-lo seu retiro do terreo de xogo, no ano 1966 comeza a súa aventura empresarial alugando o Cine Principal da Pobra, catro anos entregado á súa outra pasión, o cinematógrafo, procurando ofrecer un programa de filmes que competía coas estreas das salas capitalinas. Un empeño ruinoso para el como promotor pero exitoso para unha Vila que se convertía de novo nese punto de encontro preferente para o recreo das poboacións de Arousa Norte.

Como escritor foi autor, ou coautor, xunto con Ramón Allegue Barreiro de varios libros, cultivando os xéneros da novela histórica e do ensaio: “Las sandalias del pescador” (1999); “El Camino del milenio” (1999); “El mar de la muerte. Naufragios” (2000); “Mar tenebroso. A costa da morte do Sol” (1997, red. 2000). Das súas colaboracións frecuentes no xornal Faro de Vigo citaremos as memorias deportivas.

Gran aficionado ás filmacións en super 8, no Museo Valle-Inclán conservase a sección dunha reportaxe do seu pobo que grava horas antes da cerimonia da súa voda na ermita da Virxe do Monte. Outra experiencia coñecida foi un documental en col do Río das Pedras. Alén das películas de ámbito privado, xa en formato para cine, participa como un dos protagonistas de “Luz de mar” (2011). Narrado polo actor Luis Tosar, trátase dun documental que percorre os faros da costa española e que mostra esta vella profesión e o mundo arriscado que a rodea, reivindicando un patrimonio e un oficio duro que se extingue. Dirixido por Luis Vázquez e Raúl Serrano, o documental foi seleccionado como candidato para participar nos Premios Goya 2012 en tres categorías: Mellor película, Mellor documental e Mellor dirección novel.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...