Corrubedo non descansa e volve manifestarse este xoves para reclamar a continuidade do servizo médico habitual na vila

07 Decembro 2022

Esta semana proseguen novamente as mobilizacións en Corrubedo, cuxa veciñanza, ante o risco de quedar sen atención médica estábel e continua (cos prexuízos que isto provocaría), volve manifestarse este xoves 8 de decembro para reclamar a recuperación dos servizos médicos habituais no Centro de Saúde da localidade. Será xa a cuarta concentración veciñal de protesta. O inicio está previsto a partir das 12 (a carón do Bar Stop) e agárdase acadar unha mobilización especialmente concorrida, non só por coincidir en festivo senón polo chamamento efectuado pola xente de Corrubedo para conseguir a máxima implicación e todo tipo de entidades, colectivos, agrupacións políticas e cidadáns de a pé.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O falar das pedras”. Luís Celeiro

“O falar das pedras”. Luís Celeiro

O falar das pedras é moito falar. Din o que saben, o que pasaron e o que será. As pedras gardan as mensaxes do tempo, as raias dos anos, dos miles e millóns de anos e cóntannolo aos que as escoitamos, aos que as miran e as queren. Millóns de anos escribindo e deixando...