Aninovo con chuvias xeneralizadas e persistentes. Activada alerta laranxa por choiva con ata 80 l/m2 en 12 horas

31 Decembro 2022

Galicia continuará baixo os efectos dunha borrasca activa, situada ao oeste de Irlanda, cunha fronte fría moi activa atravesando a Comunidade. Con esta situación, agárdanse ceos con cubertos e chuvias xeneralizadas, persistentes e por momentos de forte intensidade. As temperaturas sufrirán un lixeiro descenso. Os ventos soprarán frouxos, do suroeste, con algún intervalo de moderado no litoral.

Por outra banda a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia Segunda da Xunta acaba de activar a alerta laranxa por choiva no centro e sur da provincia de Lugo; no sur, noroeste e Miño de Ourense; e en toda a provincia de Pontevedra.

Segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), o fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa comezará a últimas horas de hoxe cunha precipitación acumulada en 12 horas de 80 mm. As provincias da Coruña e de Pontevedra están xa desde o mediodía en aviso amarelo, e as de Lugo e Ourense estarano a partir de media tarde, con precipitacións acumuladas que poden acadar os 50 mm en 12 horas e os 15 mm nunha hora.

Canto ao vento, un fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa en curso está a afectar á Mariña de Lugo e ao oeste da Coruña, con refachos de ata 100 km/h. No resto da provincia da Coruña e na de Pontevedra, así como na montaña e no centro de Lugo, hai nivel amarelo con refachos que poderán acadar os 90 km/h.

Por este motivo, e co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, informou da situación aos concellos da provincias afectadas; deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros.

Ante as fortes chuvias e o vento, recoméndase circular con precaución e informarse antes do estado das estradas, evitar pasar preto de árbores, paneis publicitarios, andamios e obxectos que poidan ser derrubados polo vento, non atravesar zonas inundadas ou que poidan chegar a asolagarse, non aparcar nas ribeiras dos ríos, non utilizar vehículos lixeiros nin de pouca estabilidade e retirar todos os obxectos que poidan caer á rúa desde tellados, balcóns e ventás.

Acónsellase consultar a páxina web do CIAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con ligazóns de interese.

meteogalicia

O noso mar: Vento do sudoeste á mañá, do sudoeste á tarde e do noroeste á noite, forza 3 a 5 á mañá e 2 a 4 á tarde e á noite. Marusía á mañá e mar ovellado á tarde e á noite. Visibilidade mala á mañá e á tarde e regular á noite. Mar de fondo do oeste, con ondas de 3.5 a 4.5 metros.

Mareas


Muros
Hora*Altura
Baixamar05:361.3 m
Preamar11:563.1 m
Baixamar18:161.2 m
Vigo
Hora*Altura
Baixamar05:321.3 m
Preamar11:503.0 m
Baixamar18:081.3 m
Vilagarcía
Hora*Altura
Baixamar05:351.3 m
Preamar11:523.1 m
Baixamar18:121.2 m

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.