Amicos celebrou un networking empara a procura de oportunidades de emprego verde

20 Decembro 2022

Amicos, asociación inclusiva da nosa comarca, celebrou na mañá deste martes 20 de decembro un networking sobre oportunidades de emprego verde e azul nas Rías Baixas de Galicia. A sesión desenvolveuse no Centro de Interpretación do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia (Vigo). O evento reuniu representantes de administracións, empresas e persoal do Parque Nacional. Foi o broche final do itinerario promovido polo proxecto Innova-Emprego, que foi presentado pola Asociación Amicos á convocatoria de Empleaverde 2021 da Fundación Biodiversidad.

O proxecto Innova Emprego (Experiencias de Innovación Local para o Emprego) presentouse como un instrumento de transformación a través do cal as persoas participantes formaron parte dun itinerario no que recibiron formación, asesoramento e acompañamento gratuíto co obxectivo último de que poidan inserirse en empregos relacionados coa economía verde. Ademais, o foco centrouse en xerar novas oportunidades de emprego destinado a persoas que se atopan nunha situación de vulnerabilidade social, poñendo especial énfase na inserción daquelas con discapacidade intelectual, xa que é un dos colectivos máis afectados polo desemprego.

As Rías Baixas, a Dehesa Extremeña e o Campo de Xibraltar, son os tres escenarios que se elixiron como zonas de actuación deste proxecto. Para poder levalo a cabo, contouse coa colaboración de dúas entidades socias colaboradoras: o Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia e a Asociación ASANSULL de Cádiz.

O networking deste martes estivo conducido por persoas con discapacidade intelectual, Javier e Carolina, que formaron parte activa do proxecto, dando paso a unha intervención inicial do director xeral de Amicos, Xoan España, e proseguindo logo coa técnica de emprego, Diana Cidras, e tamén con dous participantes do proxecto, Santiago Rodal e Javier Vidal, que debullaron a súa experiencia laboral traballando no Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia.

Amais, contouse coa intervención do socio andaluz do proxecto, ASANSULL, entidade representada por Marta Fernández, técnica de proxectos, acompañada de David Núñez, participante na iniciativa, que falaron das súas experiencias en Innova Emprego.

No evento, púidose contar coa presenza de David Veiga, director de Recursos Humanos do grupo Puentes y Calzadas, Vicente Piorno, que representou ao PN das Illas Atlánticas de Galicia, Elena Rodríguez, da empresa People and Talent Kaleido Logistics, que falou sobre Responsabilidade Social Corporativa (RSC) na industria loxística, así como distintas empresas da zona relacionadas coa economía verde, entre elas Nutrigras, representada pola súa directora executiva Arancha Mañas. Tamén participou Sonia Atanes, directora de mercadotecnia en Pepe Vieira.

Como resultado do networking espérase formar unha rede de traballo nacional para a procura, detección e impulso de oportunidades de emprego verde ou azul adaptado, e na que se espera contar coa implicación de empresas e entidades públicas especializadas no sector da economía verde e social.

Este proxecto conta coa colaboración da Fundación Biodiversidad do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico a través do Programa Empleaverde financiado polo Fondo Social Europeo.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...