Amicos celebrou o seu Festival de Nadal e presentou o seu novo Calendario Solidario

22 Decembro 2022

Tras 2 anos de pandemia, volveu o Festival de Nadal de Amicos. Fíxoo en formato creativo e con vontade de amosar polo miúdo as actividades que os rapaces e rapazas estiveron preparando as últimas semanas.

“Accións así favorecen a participación e inclusión das persoas na súa vida diaria, fomentan as relación interpersoais e axudan a previr o deterioro físico e cognitivo”, explicaron fontes da asociación no transcurso da actividade, que serviu para presentar (a xeito de apertura das actividades) o Calendario Solidario de Amicos, no cal colaboraron 25 empresas da zona, entre elas CONGALSA, GADISA e Bodegas Paco y Lola. A temática deste ano buscaba poñer en valor a diversidade e riqueza cultural da comunidade, así como valorar aos verdadeiros protagonistas: as persoas con diversidades funcionais e cognitivas.

No calendario amósanse diversos tesouros ambientais e paisaxísticos da contorna: Sálvora, o Faro de Corrubedo ou o Bosque Encantado de Aldán, entre outros espazos naturais.

A vicepresidenta de Amicos, Digna Iglesias, quixo dirixir unhas cálidas palabras aos asistentes: “Quero agradecer o apoio de Lesmes Fotógrafos, ao que lle fago unha especial mención e poñer en valor que despois de tanto tempo siga tendéndonos a súa man”. Tamén tivo palabras de agradecemento para as empresas colaboradoras, CONGALSA, GADISA e Bodegas Paco y Lola, pezas fundamentais da actividade de Amicos.

Por certo o calendario foi novamente elaborado con materiais de reciclaxe e, ademais, veu nesta edición cun redeseño da base. Pode adquirirse nos centros da entidade, en Boiro e Ribeira por 7 euros (o calendario de mesa) e 8 euros (o de parede). A recadación deste ano irá destinada a adquisición de equipos informático.

A xornada de celebración proseguiu co tradicional Festival de Nadal, coa interpretación de diferentes actuacións musicais e unha representación teatral a cargo do grupo da asociación, quen arrincou unhas cantas risas aos presentes.

Este festival busca fomentar o aproveitamento positivo do tempo libre e favorecer a autoestima de todas as persoas integrantes do evento. Mediante estas actividades, a Asociación Amicos contribúe ao desenvolvemento da tolerancia e comprensión.

Outros artigos

Noia legaliza o seu Punto Limpo

O Concello de Noia vén de culminar o proceso de legalización do Punto Limpo municipal, poñendo fin a unha situación administrativa que segundo lembrou o Goberno local, “víase arrastrando desde hai anos”. A legalización constitúe “un paso importante para mellorar a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.