AGADEA organiza en Rianxo unha xornada formativa sobre o alzhéimer

09 Decembro 2022

A entidade AGADEA vai levar a cabo en Rianxo, a semana vindeira, unha xornada informativa sobre a enfermidade de Alzheimer e outras demencias neurodexenerativas, os tratamentos non farmacolóxicos e as actividades  que desenvolve a entidade. Ofrecerase tamén información sobre o seu servizo de Estimulación Terapéutica e os obradoiros que realiza a entidade. A cita será no Centro Sociocultural do Auditorio de Rianxo (rúa Autores da Rianxeira) o vindeiro 15 de decembro ás 17.00 horas.

A Asociación Galega de Axuda aos Enfermos con Demencia Tipo Alzhéimer (AGADEA) é unha entidade sen ánimo de lucro formada por persoas usuarias, familiares, profesionais e voluntarios que traballan por mellorar a calidade de vida das persoas doentes de alzhéimer e doutras demencias. AGADEA está presente nos concellos de Santiago, Ribeira, Vedra, Teo e na Estrada. Nestes momentos ofrece servizo directo a preto de 500 persoas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Eu vi a árvore chorar” – Manuel Domínguez

“Eu vi a árvore chorar” – Manuel Domínguez

Eu vi a árvore chorar. Em honra da verdade choramos juntos. E entre lágrimas e balbucios de palavras, mesmo entendendo porque ele estava chorando, perguntei a ele. Ele não estava chorando pela fruta perdida, podiam ser maçãs, laranjas, neste caso eram pinhas, pinhas...