A rapazada protagoniza o Mercadiño Solidario de Nadal de Muros

15 Decembro 2022

Este venres 16 de decembro, a partir das 10:00h, o Mercado de Muros inaugura a décimo oitava edición do Mercadiño Solidario de Nadal. Tal como recolle que pasanacosta.gal este Mercadiño está coorganizado polo concello de Muros, os centros de ensino do municipio e o centro ocupacional de Valadares, pon á rapazada como verdadeira protagonista.

A intención é recadar fondos para algunha ONG que atenda a familias necesitadas, que nesta edición será de novo para as delegacións de Cáritas do municipio. Ademais, o mercadiño serve para concienciar aos máis novos sobre as diferenzas na nosa sociedade e a importancia de colaborar coas entidades que traballan coas familias menos favorecidas.

Para todo isto o alumnado confecciona ornamentos de Nadal que eles mesmos venden neste Mercadiño, e este ano tamén van a recoller alimentos e produtos de primeira necesidade nos centros, que logo será entregado todo ás devanditas ONGs.
O programa complétase coas actividades organizadas polas bibliotecas de Esteiro e Muros.

Mercadiño anunicado en edicións anteriores

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.