A Deputación da Coruña e o Concello de Boiro impulsan o proxecto LAB Barbanza 2.0

16 Decembro 2022

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, o alcalde de Boiro, José Ramón Romero García, e o deputado de Emprego, José Ramón Rioboo, asinaron este venres 16 de decembro un convenio de colaboración para impulsar o proxecto LAB Barbanza 2.0, iniciativa innovadora orientada a dinamizar o espazo de coworking boirense, integrado na Rede Provincial de Espazos de Traballo Colaborativo. A cita foi na sede provincial.

Segundo fixeron saber, este convenio enmárcase dentro da liña de axudas para a promoción dos viveiros de empresa e espazos de traballo colaborativo (coworking) que “dinamicen a actividade empresarial e fortalezan o tecido produtivo a nivel local do Plan de Emprego Local (PEL)”.

Grazas á dita sinatura, a Deputación destinará 60.000 euros a co-financiar o 80% do custo total do proxecto, que ascende a un total de 75.000 euros.

“A Deputación aposta pola creación de emprego e a retención do talento coa Rede de Coworking Provincial”, sinalou González Formoso, engadindo que se trata de “once centros, entre eles este de Boiro, que están permitindo que máis de 150 emprendedoras e emprendedores coruñeses poñan en marcha os seus proxectos e ideas de negocio sen ter que saír do seu territorio”.

Formoso explicou que o proxecto LAB Barbanza 2.0 incluirá a creación dunha oficina técnica especializada no apoio ao emprendemento, actividades de dinamización e captación de novos proxectos e unha aceleradora de proxectos estratéxicos para a comarca coa que se busca “fortalecer o ecosistema emprendedor de toda a comarca de Barbanza”.

Pola súa banda, o alcalde de Boiro, José Ramón Romero, afirmou que “este proxecto para a dinamización do espazo de coworking completa o que xa se levou a cabo para facilitar a creación e implantación de novas empresas”. E engadiu: “Facemos unha aposta decidida polo emprego e o emprendemento, para crear postos de traballo e impulsar ao sector empresarial en Boiro”.

O centro LAB Barbanza de Boiro foi un dos primeiros da provincia en incorporarse á Rede Provincial de Coworking, que actualmente atópase integrada xa por 11 espazos de traballo colaborativo. Podemos atopar máis información sobre a Rede na súa páxina web.

Outros artigos

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.